Amosando publicacións coa etiqueta CC.SS.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CC.SS.. Amosar todas as publicacións

02 xaneiro 2023

Trucos para usar ben a auga

Durante o primeiro trimestre investigamos sobre a auga e os seus usos. Aprendemos como usar ben a auga, sen malgastala, e queremos contárvolo.


06 decembro 2022

Museo da Pesca de Fisterra

A semana pasada visitamos o Museo da Pesca. Está en Fisterra, unha localidade veciña, ao sur de Muxía, coa que ten moitas semellanzas. Aprendemos moito nesta visita, e conservamos moitas imaxes do que alí vimos. Algunhas delas están recollidas nesta pequena peza.

28 novembro 2022

As rías

 Vivir ao pe do mar en Galicia significa que vives nunha ría, ou moi perto dela. Este curso iremos averiguando o que é unha ría, e como se orixinaron. Como mañá imos visitar o Museo da Pesca de Fisterra, pode ser interesante observar como é a ría de Cee e Corcubión, se é que temos tempo. De momento, imos fixarnos nesta carta náutica de 1787, tan antiga, que atopamos na galipedia, e que nos axuda a entender o peculiar que é a paisaxe das rías. 




07 novembro 2022

Usamos a auga e coidamos a auga

Xa aprendimos hai uns días cales eran os usos máis frecuentes que lle dabamos á auga. Pero para poder seguir facéndoo debemos, ademais, coidar dela. Aquí imos darlle un repaso a todo o aprendido e razonar sobre os lugares nos que hai auga.

24 outubro 2022

INVESTIGANDO OS USOS DA AUGA

 Hoxe, na sesión de CC.SS. estivemos falando da auga. O noso planeta Terra debería chamarse "planeta Auga", porque a maioría está formada por mares, océanos, ríos, nubes... E todo iso é auga! 

Fixemos unha chuvia de ideas que quedou anotada no encerado, e logo fomos coloreando un "mapa conceptual" no que quedaban reflectidas con debuxos. Tamén escribimos o nome de cada uso. *


*Fonte: https://docplayer.es/11085564-Los-mapas-conceptuales-en-educacion-infantil.html,  "Investigación e educación"

23 outubro 2022

Usos da auga

 A maioría da superficie do planeta Terra está cuberta de auga. Para que usamos tanta cantidade?



02 outubro 2022

OFICIOS DO MAR

 A pasada semana estivemos falando dos oficios, e fomos quen de clasificalos. Había oficios persoas que traballaban extraendo recursos da natureza, outros relacionados coa fabricación ou elaboración de materiais, e outros que se dedicaban a prestar distintos servizos. Arredor do mar, non todos os oficios están directamente relacionados coa natureza. Saberías distinguilos? Cantos se che ocorren?

Despois de pensalo un pouco podes revisar esta presentación. Cantos dos que están aquí xa se che ocorrerran? Pensaches en algún que non apareza aquí?



18 setembro 2022

OS OFICIOS

 Mentres somos pequenos, o noso "traballo" consiste en aprender para logo poder ter un oficio. A vós que vos gustaría ser de maiores? Seguro que pode valer algún dos oficios de Paco Papán. A ver se és quen de apuntalos todos (un por día).



 

 En todo caso, se queres escoitar máis cancións sobre os oficios, podes consultar neste "Genially" tan variado:

 

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...