Amosando publicacións coa etiqueta lectura en voz alta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura en voz alta. Amosar todas as publicacións

25 abril 2023

Animalario de ler a diario: "O corvo agoirador"

 Hoxe chegamos a un poema completamente diferente dos demais. Por que será? Que personaxe, que non é persoa, nin planta, nin animal, é protagonista deste texto?



23 abril 2023

"O papasol"

Seguimos lendo a diario do noso "animalario". Hoxe toca un poema dedicado á xoaniña. Que sabemos das xoaniñas? Cantos nomes diferentes teñen?


16 abril 2023

ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "O panoco do xeado"

Seguimos avanzando polo mundo dos "Animais que van no mar porque non saben voar" e atopamos unha especie moi molesta: "O panoco do xeado".


11 abril 2023

"A pulga da area" e "A ostra"

 Seguimos lendo o noso "Animalario" e xa que vemos achegarse o bó tempo, imos meternos de cheo na praia.

 Temos en primeiro lugar á pulga da area. Que sabemos dela?

Tamén aparece por aquí a ostra. Que terá que contar?



10 abril 2023

LOS CINCO Y EL GRAN ENIGMA: Capítulo 9

 Con este capítulo acabamos el libro de las aventuras de "Los Cinco" en la isla de Kirrin. Por fin toda la tensión se ha acabado y han resuelto el enigma de la luz en la isla. ¿Lo leemos juntos, una vez más?



05 marzo 2023

ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "O caranguexo tatexo"

 Aquí temos un novo poema sobre animais que van no mar porque non saben voar. Sabemos en que grupo está o caranguexo? Non é un peixe, non, aínda que viva no mar... En que equipo xogará este animaliño?



27 febreiro 2023

Los cinco y el gran enigma: CAPÍTULO OCHO

 Continuamos la aventura de Los Cinco en la Isla de Kirrin. ¿Quién será el intruso que se esconde bajo las algas? ¿Quién habrá sido el ladrón de galletas para para perro? ¿Quién se ha llevado la fruta? ¿Y la sandalia de Ana?



07 febreiro 2023

ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "A lesma de Ponte Ledesma"

 

Ponte Ledesma é unha localidade que está no concello de Boqueixón, na provincia da Coruña. O seu nome procede
da súa famosa ponte medieval, que foi testemuña da batalla  contra os franceses no ano 1809. A ponte xa levaba moitos anos construída, porque este paso sobre o río Ulla era moi importante para o transporte de mercancías ata Compostela. Hoxe forma parte do Camiño de Santiago.

De aquí procede a protagonista do noso poema de hoxe:




17 xaneiro 2023

"POEMA DUNHA VACALOURA PARA LER MOI RÁPIDO"

Ata agora tivemos a oportunidade de ler os poemas moi devagar. Pero este libro do "Animalario de ler a diario plantexa de cando en vez algún desafío! Velaiquí o desafío de ler moi rápido! Serás quen de non enredar a
lingua?

16 xaneiro 2023

"LOS CINCO Y EL GRAN ENIGMA": Capítulo 7

 Esta semana iniciamos un nuevo capítulo. ¿Qué pasará con el monito que dejamos corriendo por la isla en la última lectura? Vamos a averiguarlo. 



15 xaneiro 2023

DOUS POEMAS POLO MESMO PREZO

Hoxe traemos dous poemas polo mesmo prezo: "Sempre hai un sapo pra a sapa" e "A toupa". E seguimos sumando animaliños neste "Animalario de ler a diario"!




04 xaneiro 2023

Lemos, comprendemos, aprendemos

Na aula lemos todos os días,e cada día textos diferentes. Sen embargo, temos dous libros "de cabeceira": un para aprender en Lengua Castellana e outro en Lingua Galega. Imos contarvos como utilizamos os libros na nosa aula, para ler, comprender e aprender. 


18 decembro 2022

Animalario de ler a diario: "A cascuda viguesa"


 Este poema é un pouco estraño. Sabemos que o libro está adicado a falar de animaliños, pero este becho é un dos menos queridos da Natureza. Imos ver que pasa coa cascuda. 

03 novembro 2022

01 novembro 2022

"Unha bosta de vaca tamén chamada caca"

 Así mesmo se titula o terceiro dos poemas que atopamos no libro de Eduard Velasco. Con un título tan divertido, seguro que o poema non ten desperdicio... ou si? Imos escoitalo para logo lelo ben.



18 outubro 2022

"A tempestade da araña"

 E aquí comenza a parte do libro titulada "Animais que están na terra pola vila, o val e a serra".

O primeiro poema é "A tempestade da araña".



15 outubro 2022

REMATOU OUTRA SEMANA

 Xa chegamos á metade de outubro. Hoxe Susana chegou cuns agasallos especiais para agradecernos que nos portáramos tan ben e traballáramos tanto. Son uns cadernos pequeniños que caben nunha man, e que chamaremos "cadernos de campo". Van servir para anotar todo o que precisemos cando salgamos explorar. Para que nos sexan máis cómodos, atámoslles un cordeliño laranxa, e así podemos levalos pendurados do pescozo. 

O venres aproveitamos para repasar as matemáticas e entrar no mundo das centenas. Pronto saberemos contar ata mil. Tiñamos moitas ganas de seguir lendo "Los Cinco", así que comezamos co "Capítulo Dos". E xa lle buscamos títulos. 




Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...