Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións

14 xuño 2023

Cartas desde a escola da Silveira

Hai uns días recibimos unhas cartas moi especiais. Os nenos e as nenas da escola da Silveira, no concello de Boqueixón, escribíronnos para contarnos o que eles aprenderan sobre o afundimento do Prestige. Foron moi amables, e mesmo se ofreceron por se tiñamos a desgraza de que se repetira a catástrofe. 
Xunto coas cartas, enviáronnos un crebacabezas. A verdade é que non tiñamos todas as pezas, pero conseguimos ver unha parte dos seus debuxos, que por un lado estaban cheos de cor azul ou amarela (o mar e a area), e por outro, todo negro (o chapapote). 


Nós contestamos ás súas cartas tamén, e enviámosllas á escola polo correo ordinario. Nesta foto amosamos as súas cartas e os seus deseños. 

Desta forma, puidemos coñecer as súas experiencias, e contarlles tamén como nos sentíamos. 
Tamén aproveitamos para repasar como se escribe unha carta, porque hai que poñer moitos datos: a data, un saúdo, a nosa mensaxe, unha despedida...
Sabemos que na clase de 5º tamén recibiron cartas de esta escola, e tamén responderon ás súas mensaxes. Aquí vos deixamos unha foto da clase completa. 



Esperamos recibir pronto máis noticias dos nosos compañeiros. Encántanos manter correspondencia!






19 abril 2023

A historia de "Moby Dick"

 Herman Melville é o autor dun dos libros máis famosos que se escribiron sobre o mar e as súas criaturas. Ti coñeces a historia de "Moby Dick"? Aquí tés un pequeno resumo do seu argumento.


16 abril 2023

ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "O panoco do xeado"

Seguimos avanzando polo mundo dos "Animais que van no mar porque non saben voar" e atopamos unha especie moi molesta: "O panoco do xeado".


09 febreiro 2023

A fareira do Golfo Ártabro

 Agora que estamos aprendendo sobre os faros, podemos "visitar" un de forma virtual. Aquí temos a testemuña dunha fareira que vixía dous faros importantes do Golfo Ártabro, o que está entre Ferrol e A Coruña. 

03 xaneiro 2023

Os apuntes do Museo da Pesca

 Unha das actividades máis agardadas deste trimestre foi a visita ao "Museo da Pesca" de Fisterra. Preparámola antes, disfrutámola durante e lembrámola despois, sobre todo grazas aos nosos apuntes. Aquí queda unha mostra do moito que conseguimos anotar do que vimos no Museo e durante a viaxe. Para ser a primeira vez non estivo nada mal!



06 decembro 2022

Museo da Pesca de Fisterra

A semana pasada visitamos o Museo da Pesca. Está en Fisterra, unha localidade veciña, ao sur de Muxía, coa que ten moitas semellanzas. Aprendemos moito nesta visita, e conservamos moitas imaxes do que alí vimos. Algunhas delas están recollidas nesta pequena peza.

02 outubro 2022

OFICIOS DO MAR

 A pasada semana estivemos falando dos oficios, e fomos quen de clasificalos. Había oficios persoas que traballaban extraendo recursos da natureza, outros relacionados coa fabricación ou elaboración de materiais, e outros que se dedicaban a prestar distintos servizos. Arredor do mar, non todos os oficios están directamente relacionados coa natureza. Saberías distinguilos? Cantos se che ocorren?

Despois de pensalo un pouco podes revisar esta presentación. Cantos dos que están aquí xa se che ocorrerran? Pensaches en algún que non apareza aquí?



22 setembro 2022

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...