Deixamos aquí un video sobre como elaborar xoaniñas de papel moi sinxelas.
23 abril 2023
19 abril 2023
Un marcapáxinas sinxelo
Este sábado celebramos o "Día do Libro". Na escola adiantámolo un día, pero en realidade, calquera día que lemos é "día do libro". Así que imos aproveitar para coidar os nosos libros creando un sinxelo marcapáxinas ao noso gusto. Se te fixas ben neste video poderás deseñar o teu en poucos pasos.
17 xaneiro 2023
Musicar o mar
Esta mañá traballamos nunha nova sesión de Biblioteca Creativa que tiña que ver coa tecnoloxía, a música e o mar. Se queres saber máis, contámolo todo no video.
09 setembro 2022
Somos equipo!
Hoxe fixemos unha tarefa complicada: elaboramos entre todos un portalapis. Para iso tiñamos que montar cada un a súa parte e logo unilas para formar un soporte para compartir sobre a mesa. Primeiro ensaiamos con papel e logo fixémolo con cartolinas. Non foi nada sinxelo, pero por fin o conseguimos!
Cada portalapis individual pode sosterse, pero é fácil que acabe por caer. Sen embargo, cando unimos varios portalapis, non se cae nada! O mesmo pasa cando traballamos en equipo, colaborando: axudándonos entre todos traballamos mellor.
13 setembro 2021
Primeiro día
Todos os comezos teñen a súa parte de confusión. Pero o primeiro día en 1º e 2º xa nos atrevemos a sair de excursión investigadora pola escola. Fíxonos falta facer un gorro para ser auténticas exploradoras e exploradores. Porque tiñamos unha misión que cumprir. Sabedes cal foi?
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Vamos avanzando poco a poco, y hoy probaremos a dar el salto definitivo a las centenas. Vamos a completar la tabla del cien al doscientos....
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...