Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos realistas. Así poderemos tamén crear un bosque máis "máxico".
E para completar o noso bosque máxico, practicaremos primeiro nunha cartolina pequena con estas flores e logo, cando xa teñamos máis seguridade, integrarémolas no medio das árbores.
O "lettering" é, básicamente, debuxar letras, en lugar de escribilas. Trátase de que cada letra que escribimos sexa única e irrepetible, e que poidamos utilizar as letras para xogar coas cores e as formas. O lettering é moi útil para facer cartaces, adornar postais ou "invitacións", decorar, facer máis bonitos os teus cadernos,... Para traballar o lettering hai que ter paciencia e practicar moito. Como nos gusta moito utilizar os rotuladores, o lettering vai ser moi divertido. Pero hai que ir paso a paso para facelo ben, ben... Aquí deixo unha pequena introdución, para que nos vaiamos "soltando" e poidamos vela cada vez que o precisemos... Comezamos?
Aínda que algúns xa o tiñan experimentado, este foi o primeiro día que traballamos a fondo o "lettering". Empezamos coas letras "sans seriff", é dicir, letras sen remates (sen "patiñas" nen "sombreiros"). Para ser a primeira vez, aproveitamos ben o tempo. Axudámonos dos consellos do libro "El gran libro de lettering para niños".
Esta mañán volveron visitarnos os compañeiros da Asociación Amicos. Cando estiveron aquí no primeiro trimestre aprendemos a importancia de clasificar o lixo en distintos contentores, e a necesidade de reciclar. Unha das formas más divertidas de reciclar é imaxinar, crear e construír arte. Hoxe tivemos unha hora de intenso traballo cos compañeiros de 1º na nosa aula.
Imos practicando novas técnicas para as nosas creacións artísticas. Hoxe comezamos a usar as acuarelas e os pinceis. Creamos un feixe de globos a punto de botar a voar, usando os pigmentos das acuarelas e creando cores novas. Tamén aprendemos a coidar o material, usar ben os pinceis, limpalos e "peinalos" para deixalos secos e listos para voltar usalos cando os precisemos. Foi unha tarde de paciencia, colaboración e creación. Estamos preparadas e preparados para outra!
Aínda que vos pareza raro, para saber pintar con pinceis hai que empezar polo final. Que faremos cando rematemos de usar os pinceis cada día? Hai que coidalos para telos sempre a punto, ben limpiños, sen restos de pintura, e cos peliños "ben peinados". Neste video explican moi ben como facelo.
Unha das actividades máis agardadas deste trimestre foi a visita ao "Museo da Pesca" de Fisterra. Preparámola antes, disfrutámola durante e lembrámola despois, sobre todo grazas aos nosos apuntes. Aquí queda unha mostra do moito que conseguimos anotar do que vimos no Museo e durante a viaxe. Para ser a primeira vez non estivo nada mal!
Achégase o tempo de Nadal, e aínda non temos unha árbore preparada? E tampouco tarxetas para felicitar? Pois aquí quedan algunhas receitas sinxelas. Probamos?
Tamén hai moitas maneiras de deseñar árbores sinxelas. Basta con un lapis, papel, e pacencia. Pincha aquí.
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa deste curso. E, como este curso todo xira arredor do mar, imos montar un faro con luz. Aurelia é quen nos guía neste traballo. Ides ver como foi o proceso, e cal foi o paso que resultou máis complicado, porque é a primeira vez que o facemos así.
Esta segunda fase imos comentala escoitando o son coas instrucións ao vivo.
O outono bríndamos a oportunidade de disfrutar da natureza doutra forma. Todo vai quedando durmido, preparándose para o inverno. As árbores comezan o seu plan de aforro de enerxía, e despréndese das follas, que hai tempo volvéronse laranxas, moradas, castañas,... E así podemos aproveitalas para facer os nosos cadros!
Agora que chegou o outono apetece moito dar paseos polo bosque. Atopamos moitas follas secas, landras, fieitas, musgo,... Aquí podes ver distintas maneiras de aproveitalas para as túas creacións artísticas.
Utilizamos as mans para manexar as ferramentas de debuxo: un lapis, un rotulador, un pincel, unha goma,... Pero tamén podemos usalas como "modelo" para deseñar figuras coma estas:
Hoxe foi outro día máis con novidades! Tivemos, por fin, sesión de Educación Física! Este curso temos unha nova profe: Vanessa. Estivemos xogando no ximnasio probando os elementos que máis nos apetecían. Pasóusenos a hora voando, aínda que estabamos recén chegados do recreo!
Iso foi porque na sesión anterior estivemos repasando os números do 1 ao 100, e practicando a lectura en voz alta na sesión de Lingua Galega. Por se iso fora pouco, tamén traballamos respondendo preguntas sobre a lectura "Cow parade". O mellor é que cada un de nós puido colorear a súa vaca da forma que quixese. Entre todos, poderiamos facer outro "desfile de vacas"! Aquí tedes a proba...
Todos sabemos o que é unha vaca. Pero algunha vez viches unha así?
Esta vaca pertence a unha exposición que percorreu case todas as cidades do mundo. A exposición chámase "Cow Parade" ("Desfile de vacas"), e resulta moi divertida e entrañable.
Aquí tés unha mostra da exposición que fixeron nas rúas de Nova Iorque:
Hoxe fixemos unha tarefa complicada: elaboramos entre todos un portalapis. Para iso tiñamos que montar cada un a súa parte e logo unilas para formar un soporte para compartir sobre a mesa. Primeiro ensaiamos con papel e logo fixémolo con cartolinas. Non foi nada sinxelo, pero por fin o conseguimos!
Cada portalapis individual pode sosterse, pero é fácil que acabe por caer. Sen embargo, cando unimos varios portalapis, non se cae nada! O mesmo pasa cando traballamos en equipo, colaborando: axudándonos entre todos traballamos mellor.
A todos e a todas nos encanta pintar todo de cores. Pero non só nos gusta pintar, tamén disfrutamos contando e transmitindo sensacións. Sabías que as cores comunican sensacións? Sabes que as cores poden ser quentes ou ser frías? Neste video de Art Attack cóntannos como é posible transmitir coa cor.
Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre a pintura, a Biblioteca propuxo que representásemos as cores dun dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes". Coñecémolo pola interpretación que fixo o compositor e cantante Amancio Prada.
A estrofa escollida para nós dicía:
"Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños timbradores
casiña do meu contento"
Gustounos moito pintar a Rosalía e as súas cores, e aprender con ela a querer e coidar a nosa paisaxe.