Amosando publicacións coa etiqueta abecedario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta abecedario. Amosar todas as publicacións

06 outubro 2022

O ABECEDARIO: as letras e as palabras

 O curso pasado aprendimos que o abecedario galego ten 23 letras, fronte ao castelán que ten 27. Lembras a canción que tanto nos gustaba?

 

 Con esas vintetrés letras podemos formar unha morea de palabras diferentes, e cada día aprendemos varias novas! 

Tamén aprendemos que non é o mesmo unha letra que unha palabra. Coa "r" e co "a" formamos a palabra "ra". Coas letras "v", "a", "c", "a", formamos a palabra "vaca"

As palabras podemos ordenalas mirando a letra pola que empezan, como o alfabeto. A isto se lle chama ordenar alfabéticamente, é dicir, seguindo a mesma orde que leva o abecedario. Quen vai antes, a vaca ou a ra?

Pero non é o mesmo unha letra que unha palabra.

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...