Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións

16 xuño 2022

AS CORES

Durante todo o curso estivemos aprendendo a usar as cores: con pinturas, con ceras, con rotuladores... Hoxe imos probar outro material.

06 xuño 2022

O NOSO COÑECEMENTO DO RENACEMENTO: EXPOSICIÓN FINAL

Esta mañá, na "Hora de Ler" vimos a primeira das exposicións sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso, "E ti... que pintas?". Nós, os de 1º e 2º, abrimos rego, e o resto dos días veremos e escoitaremos o que nos contan os compañeiros e as compañeiras do resto dos grupos. Aquí vai a nosa aportación.


Estamos impacientes por ver as de 3º, 4º, 5º e 6º... e por suposto, as de infantil!

13 setembro 2021

Que pintan en Muxía?

 Coñeces isto?




Leonardo da Vinci

Se cadra, algunha vez escoitaches falar desta persoa. Viviu hai moito tempo en Italia. Era un brillante inventor, pero tamén un gran pintor, e moi bo cociñeiro. Premendo na imaxe, podes acceder a un video feito polos Lunnis para aprender máis sobre el. 

Pero a súa memoria chegou a nós sobre todo polas súas obras pictóricas. Un dos seus cadros máis coñecidos é a "Gioconda". Está no museo do Louvre, en París (Francia). Representa a unha muller moi fermosa, e ao fondo vese a paisaxe dunha cidade. Se te fixas ben, apenas sorrí, pero ten unha apariencia moi tranquila, pacífica e relaxada. 

Leonardo foi, sobre todo, inventor. Sabías que fixo uns primeiros deseños do que serían os avións, os globos aerostáticos ou os coches?

Hoxe imos falar de Leonardo da Vinci porque estaba moi intrigado polas características do corpo humano. Tanto foi así que deseñou un "home de Vitrubio" para demostrar como sería esa forma ideal. Se buscas neste código QR, apareceráche o deseño de da Vinci. 











As nosas vacacións

Este curso imos aprender a comunicarnos de moitas formas. Coas palabras e coa escoita, coa lectura e coa escrita. Pero tamén coa arte, e sobre todo cos nosos debuxos. Aproveitamos o primeiro día para contar o que máis nos gustou das nosas vacacións. E este é o resultado. 




Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...