Amosando publicacións coa etiqueta ciencias naturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias naturais. Amosar todas as publicacións

30 maio 2022

AS MÁQUINAS

 Basta con botar unha mirada e vemos sobre a nosa mesa máquinas que usamos para traballar: un afialápis, un bolígrafo, unha tablet, unha grampadora, .... E na casa? A lavadora, a lavalouza, a cociña, a aspiradora .... Que tipos de máquinas hai? Como funcionan unhas e outras? Todas precisan enerxía? Que pezas teñen? Para que as usamos? Unha morea de preguntas. Sabes contestalas?



AFORRAR ENERXÍA

 Precisamos enerxía para vivir. Para que o noso corpo funcione, obtemos a enerxía dos alimentos (ao facer a dixestión) e do aire (cando respiramos). Pero... como obteñen enerxía as máquinas que están arredor de nós: a cociña, a lavadora, o ordenador....? Podemos facer algo para aforrar enerxía? Neste video das aventuras de Minchi podemos aprender como facelo.



07 outubro 2021

NENAS E NENOS DE VITRUBIO

Moito falamos de Leonardo da Vinci na escola! Era un gran pintor do Renacemento, sabio, inventor... Gústanos moito imitalo, así que decidimos estudar o corpo como o fixo el: cun debuxo. Collemos papel (moito) e lápices, e puxémonos mans á obra!
Aquí tedes o resultado (polo momento).


Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...