Amosando publicacións coa etiqueta enerxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta enerxía. Amosar todas as publicacións

24 outubro 2022

INVESTIGANDO OS USOS DA AUGA

 Hoxe, na sesión de CC.SS. estivemos falando da auga. O noso planeta Terra debería chamarse "planeta Auga", porque a maioría está formada por mares, océanos, ríos, nubes... E todo iso é auga! 

Fixemos unha chuvia de ideas que quedou anotada no encerado, e logo fomos coloreando un "mapa conceptual" no que quedaban reflectidas con debuxos. Tamén escribimos o nome de cada uso. *


*Fonte: https://docplayer.es/11085564-Los-mapas-conceptuales-en-educacion-infantil.html,  "Investigación e educación"

30 maio 2022

AFORRAR ENERXÍA

 Precisamos enerxía para vivir. Para que o noso corpo funcione, obtemos a enerxía dos alimentos (ao facer a dixestión) e do aire (cando respiramos). Pero... como obteñen enerxía as máquinas que están arredor de nós: a cociña, a lavadora, o ordenador....? Podemos facer algo para aforrar enerxía? Neste video das aventuras de Minchi podemos aprender como facelo.



Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...