Ás veces, debuxar facilítanos comprender mellor o que queremos aprender. Aquí tés unha mostra acerca da maneira de debuxar desde a larinxe ata os alveolos, paso a paso e de forma sinxela. Queres probar?
02 novembro 2022
22 setembro 2022
DEBUXANDO COAS MANS
Utilizamos as mans para manexar as ferramentas de debuxo: un lapis, un rotulador, un pincel, unha goma,... Pero tamén podemos usalas como "modelo" para deseñar figuras coma estas:
03 maio 2022
AS LIÑAS DO TEMPO
As liñas do tempo son unha ferramenta moi útil. Sirven para representar o que sucede nun período determinado de forma ordenada. Pode representarse o que sucede nunha hora, nun día, nun mes, nun ano, nun século... Hoxe probaremos a facer unha representación da liña do tempo dun día, desde que acordamos ata que nos deitamos para durmir.
Déixovos aquí a liña do tempo do seu día que deseñou a miña amiga Rita. Como ides representala vós?
28 abril 2022
FIGURAS PLANAS
Avanzamos algo máis coa xeometría. Agora temos que identificar as figuras planas, coñecer os seus nomes e saber debuxalas. Aquí temos unha pequena axuda.
TIPOS DE LIÑAS
Co terceiro trimestre chega o estudo da xeometría á clase de matemáticas. Como sempre empezamos polo sinxelo, convén primeiro falar dos tipos de liñas. É importante identificalas, saber escribir os seus nomes e saber representalas. Por exemplo: sabemos por que as liñas horizontais se chaman así? Sabemos o que son as rectas paralelas? E coñecemos as liñas poligonais? Este video pode servirnos de axuda.
13 setembro 2021
Leonardo da Vinci
Leonardo foi, sobre todo, inventor. Sabías que fixo uns primeiros deseños do que serían os avións, os globos aerostáticos ou os coches?
Hoxe imos falar de Leonardo da Vinci porque estaba moi intrigado polas características do corpo humano. Tanto foi así que deseñou un "home de Vitrubio" para demostrar como sería esa forma ideal. Se buscas neste código QR, apareceráche o deseño de da Vinci.
As nosas vacacións
Este curso imos aprender a comunicarnos de moitas formas. Coas palabras e coa escoita, coa lectura e coa escrita. Pero tamén coa arte, e sobre todo cos nosos debuxos. Aproveitamos o primeiro día para contar o que máis nos gustou das nosas vacacións. E este é o resultado.
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Vamos avanzando poco a poco, y hoy probaremos a dar el salto definitivo a las centenas. Vamos a completar la tabla del cien al doscientos....
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...



