Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI. Amosar todas as publicacións

09 febreiro 2023

A fareira do Golfo Ártabro

 Agora que estamos aprendendo sobre os faros, podemos "visitar" un de forma virtual. Aquí temos a testemuña dunha fareira que vixía dous faros importantes do Golfo Ártabro, o que está entre Ferrol e A Coruña. 

03 xaneiro 2023

Os apuntes do Museo da Pesca

 Unha das actividades máis agardadas deste trimestre foi a visita ao "Museo da Pesca" de Fisterra. Preparámola antes, disfrutámola durante e lembrámola despois, sobre todo grazas aos nosos apuntes. Aquí queda unha mostra do moito que conseguimos anotar do que vimos no Museo e durante a viaxe. Para ser a primeira vez non estivo nada mal!



06 decembro 2022

Museo da Pesca de Fisterra

A semana pasada visitamos o Museo da Pesca. Está en Fisterra, unha localidade veciña, ao sur de Muxía, coa que ten moitas semellanzas. Aprendemos moito nesta visita, e conservamos moitas imaxes do que alí vimos. Algunhas delas están recollidas nesta pequena peza.

28 novembro 2022

As rías

 Vivir ao pe do mar en Galicia significa que vives nunha ría, ou moi perto dela. Este curso iremos averiguando o que é unha ría, e como se orixinaron. Como mañá imos visitar o Museo da Pesca de Fisterra, pode ser interesante observar como é a ría de Cee e Corcubión, se é que temos tempo. De momento, imos fixarnos nesta carta náutica de 1787, tan antiga, que atopamos na galipedia, e que nos axuda a entender o peculiar que é a paisaxe das rías. 




27 novembro 2022

O NOSO FARO ( con luz)

 Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa deste curso. E, como este curso todo xira arredor do mar, imos montar un faro con luz. Aurelia é quen nos guía neste traballo. Ides ver como foi o proceso, e cal foi o paso que resultou máis complicado, porque é a primeira vez que o facemos así. 


Esta segunda fase imos comentala escoitando o son coas instrucións ao vivo.

MUSEO DA PESCA DE FISTERRA

 Este martes, día 29 de novembro, iremos visitar o "Museo da Pesca" de Fisterra. O noso guía será Manolo, e vainos explicar un montón de secretos que o mar agocha. Tamén nos vai falar das artes de pesca, das cartas mariñas, do traballo dos homes e das mulleres do mar. Agardamos con moita ilusión esta visita que imos facer ao castelo que alberga o museo. 

17 novembro 2022

Aprendendo a coidar o mar coa asociación "Amicos"

 A finais do curso pasado a asociación "Amicos" visitou o noso cole e con eles traballamos na praia recollendo e clasificando o lixo do mar. O mércores 16 deste mes de novembro estiveron con nós de novo. Falamos da cantidade de lixo que aboia na superficie do mar (ás veces formando enormes illas de plástico), e sabemos que no fondo hai moita maior cantidade. Isto provoca a morte de moitos animaliños que se atragoan co lixo, porque pensan que é comida, ou quedan atrapados e non poden nadar. 



Para axudar a solucionar este problema so temos que impedir que o lixo chegue ao mar, e por iso é imprescindible que saibamos en que colector vai cada tipo de refugallo: papel e cartón, vidro (que non cristal), residuos orgánicos, xoguetes, pilas, ... Todo isto aprendemos mentres xogábamos nun enorme taboleiro. 

11 novembro 2022

PEIXES

Hoxe toca plástica. Xa sabemos debuxar peixes, así que hoxe imos probar a deseñalos en tres dimensións. Aquí temos algúns exemplos:
 

Estes outros son máis grandes e cheos de cores alegres:

Con este exemplo, podemos facer un bonito cadro en tres dimensións:



Este peixe de origami será o último exemplo de hoxe:

06 xuño 2022

O NOSO COÑECEMENTO DO RENACEMENTO: EXPOSICIÓN FINAL

Esta mañá, na "Hora de Ler" vimos a primeira das exposicións sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso, "E ti... que pintas?". Nós, os de 1º e 2º, abrimos rego, e o resto dos días veremos e escoitaremos o que nos contan os compañeiros e as compañeiras do resto dos grupos. Aquí vai a nosa aportación.


Estamos impacientes por ver as de 3º, 4º, 5º e 6º... e por suposto, as de infantil!

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...