Este mes de xaneiro rematará cunha danza. "O xogo da Carrasquiña" é unha peza chea de bicos e apertas, de danza e de moitos agarimos. Dá gusto bailar todos xuntos, collidos da man ou do van, para celebrar que vivimos en paz, que nos respectamos, que nos queremos e que desexamos seguir así.
Amosando publicacións coa etiqueta xogo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogo b>. Amosar todas as publicacións
22 xaneiro 2023
05 decembro 2022
14 setembro 2022
Traballo duro e... volta ao ximnasio!
Hoxe foi outro día máis con novidades! Tivemos, por fin, sesión de Educación Física! Este curso temos unha nova profe: Vanessa. Estivemos xogando no ximnasio probando os elementos que máis nos apetecían. Pasóusenos a hora voando, aínda que estabamos recén chegados do recreo!
Iso foi porque na sesión anterior estivemos repasando os números do 1 ao 100, e practicando a lectura en voz alta na sesión de Lingua Galega. Por se iso fora pouco, tamén traballamos respondendo preguntas sobre a lectura "Cow parade". O mellor é que cada un de nós puido colorear a súa vaca da forma que quixese. Entre todos, poderiamos facer outro "desfile de vacas"! Aquí tedes a proba...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...
-
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
