Amosando publicacións coa etiqueta expresión oral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta expresión oral. Amosar todas as publicacións

14 xuño 2022

ACOLLIDA AO ALUMNADO DO C.E.I.P. "VIRXE DA BARCA"

O vindeiro curso os compañeiros e compañeiras de 2º coñecerán aos seus novos amigos. Seis alumnos e alumnas do C.E.I.P. "Virxe da Barca" se incorporan ao noso centro. Con moita ilusión preparamos esta presentación da nosa escola, para que lles sirva de benvida.


06 xuño 2022

O NOSO COÑECEMENTO DO RENACEMENTO: EXPOSICIÓN FINAL

Esta mañá, na "Hora de Ler" vimos a primeira das exposicións sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso, "E ti... que pintas?". Nós, os de 1º e 2º, abrimos rego, e o resto dos días veremos e escoitaremos o que nos contan os compañeiros e as compañeiras do resto dos grupos. Aquí vai a nosa aportación.


Estamos impacientes por ver as de 3º, 4º, 5º e 6º... e por suposto, as de infantil!

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...