Amosando publicacións coa etiqueta VV.SS. b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VV.SS. b>. Amosar todas as publicacións
26 xaneiro 2023
AS EMOCIÓNS TRADUCIDAS A CORES
Todos pasamos por diferentes emocións ao longo dun so día. É imposible estar sempre contenta, e con frecuencia, chegamos a enfadarnos ou poñernos tristes. Ás veces pasamos medo, e tamén hai situacións nas que sentimos asco. Cada emoción nos axuda a medrar e aprender. O divertido é que as emocións poden identificarse coas cores. Neste cachiño da película "Do revés" podemos velo con claridade. Atreveríaste a explicar en que nos axudan as emocións? Para que nos pode servir ter medo, asco ou tristeza? É bo enfadarse? É preciso estar sempre contenta?
20 outubro 2022
EQUIPAXE PARA EXPLORAR AS EMOCIÓNS
A vida é como unha viaxe; debemos aprender que precisamos para andar por ela. Aquí damos algúns consellos extraídos do libro "Exploradores emocionales" editado por Parramón
Que engadirías ti a esta lista?
"Exploradores emocionales" está escrito por María Mercè Conangla e Jaume Soler, e publicado pola Editorial Parramón dentro da serie "Ecología emocional".
11 outubro 2022
OS COIDADOS DAS NOSAS CASAS
Hoxe, na sesión de Valores Sociais, traballamos todos xuntos. Tratábase de "tomar conciencia de que toda casa require traballos de mantemento e coidado se queremos vivir ben nela. Aprendemos a comparar as necesidades da nosa casa exterior coas da nosa casa interior, e decidir que podemos facer para mellorar as súas condicións".*
Coidamos e coidámonos.
Detectamos problemas na Terra, como os lumes e o lixo. Hai que coidar do monte, e non ensuciar o medio ambiente. Pensamos que nas nosas casas debemos aforrar na luz e na auga. E sabemos que debemos mirar pola nosa saúde: temos que coidar o noso corpo alimentándonos ben, facendo exercicio, vendo menos tele e lendo máis, e evitando malos hábitos, como o de fumar.
* Actividade extraída de "Exploradores emocionales", de María Mercè Conangla e Jaume Soler, en Editorial Parramón.
27 setembro 2022
A NOSA GALAXIA
Na área de Valores Sociais e Cívicos estamos convertíndonos en exploradoras emocionais. Temos que investigar para descubrir o que temos no noso universo (no de dentro e no de fóra), para poder coñecelo mellor e coñecernos mellor.
De momento, xa temos armado o noso propio planeta e imos camiño de representar a nosa "Galaxia Emocional". Aquí vai unha pequena mostra.
"Somos conscientes de que formamos parte dunha familia e que cada un ten o seu lugar, algo que aportar, unha función e unha forma de ser e de actuar. Reflexionamos sobre as persoas que temos máis cerca: quen son e como son."*
*Actividade extraída de "Exploradores emocionales", de María Mercè Conangla e Jaume Soler, en Editorial Parramón.
13 setembro 2022
Novos comezos
Pouco a pouco imos completando a rutina da clase. Hoxe tivemos como sorpresa a reestrea da aula de música!
Tamén comezamos unha nova aventura desde a clase de valores. Estivemos falando dos "Exploradores emocionais". Os exploradores e as exploradoras son persoas ás que lles gusta coñecer e aprender... como a nós! Xa que este curso imos aprender a "Amar o mar", estivemos escoitando unha canción que nos gustou moito. Se queres ver a letra, preme aquí:
E, para rematar, preparamos xa o caderno de Lingua Española e xogamos a averiguar as palabras agochadas no encerado... Parecíanse moito ás das adiviñas que aprendemos na clase de Lingua Española...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Vamos avanzando poco a poco, y hoy probaremos a dar el salto definitivo a las centenas. Vamos a completar la tabla del cien al doscientos....
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...
