Amosando publicacións coa etiqueta corpo humano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta corpo humano. Amosar todas as publicacións

02 xaneiro 2023

ELABORANDO MENÚS

 Nestre trimestre dedicamos a área de Ciencias da Natureza ao estudo do noso corpo, o corpo humano. Sabemos que para vivir é imprescindible respirar, pero tamén alimentarse axeitadamente. Por iso investigamos sobre os tipos de alimentos que existen, e representámolos  nunha roda. Debemos escoller aliementos variados para cada día, incluindo cantos máis sectores da roda. Ah! E non esquecer a auga!

Se a todo isto engadimos o exercicio físico, o deporte, conseguiremos disfrutar dunha saúde excelente!




16 novembro 2022

Unha alimentación sá e equilibrada: a roda dos alimentos.

 Para facilitarnos o traballo de hoxe en Ciencias da Natureza, imos fixarnos nesta roda. Aquí están os alimentos organizados "en equipos", porque cada un deles aporta distintos nutrientes ao noso corpo. 


10 novembro 2022

A DIXESTIÓN

A dixestión é un proceso que axuda a nutrir o noso corpo. É dicir, a dixestión forma parte do proceso de nutrición. Aquí veremos pouco a pouco como o noso corpo consigue dixerir os alimentos.
O aparello dixestivo

02 novembro 2022

DEBUXAMOS O APARATO RESPIRATORIO

 Ás veces, debuxar facilítanos comprender mellor o que queremos aprender. Aquí tés unha mostra acerca da maneira de debuxar desde a larinxe ata os alveolos, paso a paso e de forma sinxela. Queres probar?

O SISTEMA RESPIRATORIO

 Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo para respirar? Aquí temos unha explicación moi simple que pode axudarnos para ter as ideas claras. Saberías facer un esquema coa información que obtés deste video?


27 outubro 2022

OS NOMES DOS ÓSOS

O noso esqueleto está formado por moitos ósos. Pero hoxe so imos aprender os máis grandes e importantes, porque protexen os órganos internos, sosteñen o corpo, e permiten que nos movamos.



05 outubro 2022

A VACINACIÓN

 Xa estamos en outono, e moitos imos vacinarnos contra a gripe. Os que aínda estamos medrando imos vacinándonos contra outras enfermidades: o tétanos, a tuberculose, o sarampelo... Pero, en que consiste isto de vacinarse? Que é unha vacina?

29 setembro 2022

OS NOMES DO NOSO CORPO

O curso pasado fixemos unha actividade semellante. Pero agora sabemos como traballar en equipo, e logo nos organizamos para anotar todas as palabras que xa sabiamos e as novas que acabamos de aprender. Aquí queda o resumo do traballo de hoxe.



21 setembro 2022

O NOSO CORPO

Xa sabemos o nome de moitas das partes do noso corpo. Pero aínda podemos saber máis. Como se chama esa parte do brazo que se une coa man? E a parte que une a cabeza co tronco? E a que une a parte de enriba coa parte de embaixo da perna? E a que une o pé coa perna? Imos repasar e aprender:

AS SENTINELAS

As sentinelas son as persoas que están sempre vixiando para defender un lugar. Sabiades que no noso corpo tamén temos sentinelas? Son as que se encargan de vixiar para que non nos ataquen os nosos piores inimigos: os virus, as bacterias, velenos, toxinas... Vas ver ben explicado como nos defenden:



15 setembro 2022

O QUE FACEMOS COAS CIENCIAS DA NATUREZA

Coas ciencias da natureza dedicámonos a aprender todo o que ten que ver coa vida (a dos animais, a das plantas,...) e coa materia inerte que a fai posible, con todo o que rodea á vida. Nestas primeiras semanas imos ver como temos que coidar da nosa propia vida: como debemos alimentarnos, como debemos manter a hixiene do noso corpo, por que é tan importante facer exercicio físico... Podemos facer unha pequena viaxe "científica" arredor do noso corpo con este coñecido video, que fala das células, a unidade mínima de vida:

RE-COÑECENDO O NOSO CORPO

 Hoxe imos adicarnos a revisar o que xa sabemos do noso corpo. Recoñecer os nomes, a súa ubicación, a súa función. Por se temos dúbidas, aquí podemos repasar as partes máis importantes.

Máis tarde, iremos profundizando.


13 setembro 2021

Leonardo da Vinci

Se cadra, algunha vez escoitaches falar desta persoa. Viviu hai moito tempo en Italia. Era un brillante inventor, pero tamén un gran pintor, e moi bo cociñeiro. Premendo na imaxe, podes acceder a un video feito polos Lunnis para aprender máis sobre el. 

Pero a súa memoria chegou a nós sobre todo polas súas obras pictóricas. Un dos seus cadros máis coñecidos é a "Gioconda". Está no museo do Louvre, en París (Francia). Representa a unha muller moi fermosa, e ao fondo vese a paisaxe dunha cidade. Se te fixas ben, apenas sorrí, pero ten unha apariencia moi tranquila, pacífica e relaxada. 

Leonardo foi, sobre todo, inventor. Sabías que fixo uns primeiros deseños do que serían os avións, os globos aerostáticos ou os coches?

Hoxe imos falar de Leonardo da Vinci porque estaba moi intrigado polas características do corpo humano. Tanto foi así que deseñou un "home de Vitrubio" para demostrar como sería esa forma ideal. Se buscas neste código QR, apareceráche o deseño de da Vinci. 











Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...