No curso pasado xa nos achegamos a esta parte tan divertida das matemáticas. Trátase de aprender sobre a medida de todo o que hai no noso planeta: liñas (curvas ou rectas), polígonos, formas xeométricas, unidades de medida, instrumentos de medida... Por todas partes hai algo relacionado coa xeometría, cousa que pasa sempre coas matemáticas. Neste curso imos repasar e aplicar o aprendido.
09 febreiro 2023
07 xuño 2022
CORPOS XEOMÉTRICOS
Hoxe imos dar un paso máis coa xeometría para buscar estas formas na nosa contorna.
liveworksheets.com
28 abril 2022
FIGURAS PLANAS
Avanzamos algo máis coa xeometría. Agora temos que identificar as figuras planas, coñecer os seus nomes e saber debuxalas. Aquí temos unha pequena axuda.
TIPOS DE LIÑAS
Co terceiro trimestre chega o estudo da xeometría á clase de matemáticas. Como sempre empezamos polo sinxelo, convén primeiro falar dos tipos de liñas. É importante identificalas, saber escribir os seus nomes e saber representalas. Por exemplo: sabemos por que as liñas horizontais se chaman así? Sabemos o que son as rectas paralelas? E coñecemos as liñas poligonais? Este video pode servirnos de axuda.
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Vamos avanzando poco a poco, y hoy probaremos a dar el salto definitivo a las centenas. Vamos a completar la tabla del cien al doscientos....
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...