02 marzo 2022

Follas de limoeiro

Xa pasou o Entroido, pero non o noso gusto polas larpeiradas. Hai moitas receitas típicas desta época do ano, a maioría doces e deliciosas... Seguro que as primeiras que se nos acordan son as filloas, ou as orellas. Pero... escoitaches falar das "Follas de limoeiro"? 

 

 Tamén no blog "Kukinhas" temos outra versión da receita, coa que imos traballar na clase.

Cores quentes e frías

 A todos e a todas nos encanta pintar todo de cores. Pero non só nos gusta pintar, tamén disfrutamos contando e transmitindo sensacións. Sabías que as cores comunican sensacións? Sabes que as cores poden ser quentes ou ser frías? Neste video de Art Attack cóntannos como é posible transmitir coa cor. 


24 febreiro 2022

As cores de Rosalía

 Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre a pintura, a Biblioteca propuxo que representásemos as cores dun dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes". Coñecémolo pola interpretación que fixo o compositor e cantante Amancio Prada. 



A estrofa escollida para nós dicía:
"Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños timbradores
casiña do meu contento"

Gustounos moito pintar a Rosalía e as súas cores, e aprender con ela a querer e coidar a nosa paisaxe. 




13 xaneiro 2022

As cores: AMARELO

 

Coa entrada do novo ano, imos profundizar no estudo das cores. Aproveitamos para lembrar o nome de
todo o que debuxamos: o sol, un plátano, unha piña, unha mazá amarela, un xirasol, un "minion", un submarino... Un submarino amarelo? Existen os submarinos amarelos? Claro que si! É que non sabes quen son os Beatles? 
Aquí tés un video para lembralo: "Yellow submarine".



Para preparar estas actividades de Educación Plástica utilizamos "El libro más bonito de todos los colores" da editorial COMBEL.

07 outubro 2021

NENAS E NENOS DE VITRUBIO

Moito falamos de Leonardo da Vinci na escola! Era un gran pintor do Renacemento, sabio, inventor... Gústanos moito imitalo, así que decidimos estudar o corpo como o fixo el: cun debuxo. Collemos papel (moito) e lápices, e puxémonos mans á obra!
Aquí tedes o resultado (polo momento).


06 outubro 2021

CHEGOU UN NOVO COMPAÑEIRO!

Estes días estivemos moi contentos, porque recibimos a un novo compañeiro que chegou, por fin, de Marrocos. Mentres agardabamos por el, estivemos investigando no ATLAS, para saber a que distancia vivía, e como chegou a Muxía. Ven de facer unha longa viaxe, e estamos encantados e encantadas de que nos escollera para aprender con el. 

01 outubro 2021

CONTAMOS COAS REGLETAS

 A semana pasada demos unha volta pola escola para contar cantas portas, asentos e persoas atopabamos no noso paseo. Sabemos que as matemáticas sirven, entre outras cousas, para contar. E desde hoxe sabemos tamén que é moito máis doado se o facemos manipulando. Neste caso, coas regletas. 

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...