Durante a semana pasada estivemos aprendendo que a Terra non para de moverse. Está constamente xirando sobre si mesma, no que chamamos "movemento de rotación". Este movemento dá lugar ao día e á noite, e lévalle 24 horas, é dicir, un día. Pero, sabes que outro movemento realiza a Terra ao mesmo tempo?
01 maio 2022
OS MOVEMENTOS DA TERRA : ROTACIÓN E TRANSLACIÓN
28 abril 2022
FÁBULAS
As fábulas son contos moi breves que, normalmente, están protagonizados por animais. De cada fábula extráese unha ensinanza ou "moraleja". Aquí temos uns exemplos escollidos. Cal é a ensinanza de cada unha?
FIGURAS PLANAS
Avanzamos algo máis coa xeometría. Agora temos que identificar as figuras planas, coñecer os seus nomes e saber debuxalas. Aquí temos unha pequena axuda.
TIPOS DE LIÑAS
Co terceiro trimestre chega o estudo da xeometría á clase de matemáticas. Como sempre empezamos polo sinxelo, convén primeiro falar dos tipos de liñas. É importante identificalas, saber escribir os seus nomes e saber representalas. Por exemplo: sabemos por que as liñas horizontais se chaman así? Sabemos o que son as rectas paralelas? E coñecemos as liñas poligonais? Este video pode servirnos de axuda.
02 marzo 2022
Follas de limoeiro
Cores quentes e frías
A todos e a todas nos encanta pintar todo de cores. Pero non só nos gusta pintar, tamén disfrutamos contando e transmitindo sensacións. Sabías que as cores comunican sensacións? Sabes que as cores poden ser quentes ou ser frías? Neste video de Art Attack cóntannos como é posible transmitir coa cor.
24 febreiro 2022
As cores de Rosalía
Dentro do Proxecto Documental Integrado sobre a pintura, a Biblioteca propuxo que representásemos as cores dun dos poemas máis coñecidos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes". Coñecémolo pola interpretación que fixo o compositor e cantante Amancio Prada.
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Vamos avanzando poco a poco, y hoy probaremos a dar el salto definitivo a las centenas. Vamos a completar la tabla del cien al doscientos....
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...