02 maio 2022

FIGURAS GEOMÉTRICAS PLANAS

 Durante la semana pasada comenzamos el estudio de la geometría. Conocemos ya figuras como el triángulo, el círculo, el cuadrado, el rectángulo, el rombo,... Pero ¿sabemos relacionarlas con objetos de la vida cotidiana? Si conseguimos completar este trabajo estaremos cada vez más cerca.

01 maio 2022

OS MOVEMENTOS DA TERRA : ROTACIÓN E TRANSLACIÓN

 Durante a semana pasada estivemos aprendendo que a Terra non para de moverse. Está constamente xirando sobre si mesma, no que chamamos "movemento de rotación". Este movemento dá lugar ao día e á noite, e lévalle 24 horas, é dicir, un día. Pero, sabes que outro movemento realiza a Terra ao mesmo tempo?


 
 Efectivamente: é o "movemento de translación" é lévalle 365 días, é dicir, un ano. Dá lugar ás estacións: primavera, verán, outono e inverno. 

28 abril 2022

FÁBULAS

 As fábulas son contos moi breves que, normalmente, están protagonizados por animais. De cada fábula extráese unha ensinanza ou "moraleja". Aquí temos uns exemplos escollidos. Cal é a ensinanza de cada unha?


FIGURAS PLANAS

 Avanzamos algo máis coa xeometría. Agora temos que identificar as figuras planas, coñecer os seus nomes e saber debuxalas. Aquí temos unha pequena axuda. 





E lembra que, cada vez que as representemos, temos que saber utilizar ferramentas como a regla. Facémolo o mellor que sabemos. 

TIPOS DE LIÑAS

 Co terceiro trimestre chega o estudo da xeometría á clase de matemáticas. Como sempre empezamos polo sinxelo, convén primeiro falar dos tipos de liñas. É importante identificalas, saber escribir os seus nomes e saber representalas. Por exemplo: sabemos por que as liñas horizontais se chaman así? Sabemos o que son as rectas paralelas? E coñecemos as liñas poligonais? Este video pode servirnos de axuda.


Serías capaz de identificar todas estas liñas mentres vas de paseo? Proba! Hainas por todas partes!

02 marzo 2022

Follas de limoeiro

Xa pasou o Entroido, pero non o noso gusto polas larpeiradas. Hai moitas receitas típicas desta época do ano, a maioría doces e deliciosas... Seguro que as primeiras que se nos acordan son as filloas, ou as orellas. Pero... escoitaches falar das "Follas de limoeiro"? 

 

 Tamén no blog "Kukinhas" temos outra versión da receita, coa que imos traballar na clase.

Cores quentes e frías

 A todos e a todas nos encanta pintar todo de cores. Pero non só nos gusta pintar, tamén disfrutamos contando e transmitindo sensacións. Sabías que as cores comunican sensacións? Sabes que as cores poden ser quentes ou ser frías? Neste video de Art Attack cóntannos como é posible transmitir coa cor. 


Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...