24 maio 2022

ELECCIÓNS

 O luns, día 30 de maio os nosos compañeiros e compañeiras de 4º convócannos a eleccións. Temos que escoller cal das candidaturas que se presentan nos parece máis axeitada. Para iso elaboraron uns carteis que lemos detidamente. Analizando as súas propostas, debemos votar a que mellor se adapte ás necesidades da escola. 

Esta que vemos aquí é a proposta de "Forzas unidas". Parece moi interesante. 




Tamén contamos coas promesas de "CELTAS OCCIDENTAIS".



E a terceira candidatura non se queda atrás: "CONEXIÓN A TOPE"  por un futuro mellor. 





23 maio 2022

O Sol tamén se move

 Estamos aprendendo acerca dos movementos da Terra. Sabemos que rota sobre si mesma (movemeto de rotación) e que se traslada arredor do Sol (movemento de translación). Pero no Universo non só se moven os planetas e os seus satélites. O Sol, que é unha estrela, tamén se move. Queres velo?


20 maio 2022

O Sol

Xa temos todos moi claro que o Sol é unha estrela, a nosa estrela. Se queremos completar a nosa información acerca de esta estrela, podemos consultar aquí:

13 maio 2022

O XÉNERO E O NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS

Hoxe imos repasar os substantivos, as palabras que representan as persoas, animais, cousas, sentimentos,... Temos que saber que os substantivos poden ter xénero masculino ou feminino, e isto non significa que se refiran a un home ou unha muller. Imos aproveitar este traballo para comezar o repaso en "Lengua castellana".

10 maio 2022

MULTIPLICAR

Hoxe imos repasar o que sabemos ata agora da multiplicación. Aproveitaremos para aprender algo novo. 



 

Podemos avanzar e realizar cada vez operacións máis complexas. A verdade é que non resulta tan difícil. Probamos?

09 maio 2022

MASCULINO E FEMININO

 Para identificar persoas, animais e cousas utilizamos os substantivos (tamén se lles chama "nomes"). Os substantivos teñenn xénero (masculino ou feminino), e número (singular ou plural).

Saberías clasificalos neste traballo?


Masculino e feminino, una ficha interactiva de ropergo
liveworksheets.com

04 maio 2022

ORTOGRAFÍA R/RR

Ás veces temos dificultades para saber cando temos que escribir "r" ou "rr". O primeiro que temos que saber facer é diferenciar os dous sonidos (forte e feble). A partir de aí, todo resultará moito máis fácil. Se probas a facer unha práctica con esta ficha sinxela, seguro que no che quedarán dúbidas.
Uso do r e rr, una ficha interactiva de ivancoira
liveworksheets.com

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...