16 xuño 2022

TRABALLAMOS AS CORES COAS TÉMPERAS

 Despois de ver o video da EducaThysssen sobre as cores primarias e secundarias, animámonos a traballar a fondo. So tiñamos as cores amarela, maxenta e cián, así que había moita tarefa por diante. Alá fomos!



AS CORES

Durante todo o curso estivemos aprendendo a usar as cores: con pinturas, con ceras, con rotuladores... Hoxe imos probar outro material.

14 xuño 2022

ACOLLIDA AO ALUMNADO DO C.E.I.P. "VIRXE DA BARCA"

O vindeiro curso os compañeiros e compañeiras de 2º coñecerán aos seus novos amigos. Seis alumnos e alumnas do C.E.I.P. "Virxe da Barca" se incorporan ao noso centro. Con moita ilusión preparamos esta presentación da nosa escola, para que lles sirva de benvida.


QUE TIPOS DE TRIÁNGULOS HAI?

Xa estamos aprendendo sobre figuras xeométricas. Algunhas teñen nomes complicados. Pero esperade a ver os momes dos tipos de triángulos que existen: EQUILÁTERO, ISÓSCELES e ESCALENO. Son nomes ben raros, pero cos que nos imos atopar con moita frecuencia. Aquí tedes unha mostra:


Se queredes aprender máis sobre eles, non tedes máis que consultar neste video:





07 xuño 2022

CORPOS XEOMÉTRICOS

 Hoxe imos dar un paso máis coa xeometría para buscar estas formas na nosa contorna. 



Cuerpos geométricos, una ficha interactiva de jvilla
liveworksheets.com
Podes consultar este video cada vez que teñas dúbidas.

06 xuño 2022

O NOSO COÑECEMENTO DO RENACEMENTO: EXPOSICIÓN FINAL

Esta mañá, na "Hora de Ler" vimos a primeira das exposicións sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso, "E ti... que pintas?". Nós, os de 1º e 2º, abrimos rego, e o resto dos días veremos e escoitaremos o que nos contan os compañeiros e as compañeiras do resto dos grupos. Aquí vai a nosa aportación.


Estamos impacientes por ver as de 3º, 4º, 5º e 6º... e por suposto, as de infantil!

05 xuño 2022

DÁMOSLLES OUTRA VOLTA AOS SUBSTANTIVOS

 Xa sabemos distinguir o xénero e o número dos substantivos. A comezos de curso vimos, ademáis, que os substantivos podían ser comúns (río) ou propios (Nilo) , individuais (músico) ou colectivos (orquestra).  Se o entendimos todo ben, non será difícil facer este traballo. 


Os substantivos, una ficha interactiva de MestraVane
liveworksheets.com

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...