Na área de Valores Sociais e Cívicos estamos convertíndonos en exploradoras emocionais. Temos que investigar para descubrir o que temos no noso universo (no de dentro e no de fóra), para poder coñecelo mellor e coñecernos mellor.
De momento, xa temos armado o noso propio planeta e imos camiño de representar a nosa "Galaxia Emocional". Aquí vai unha pequena mostra.
"Somos conscientes de que formamos parte dunha familia e que cada un ten o seu lugar, algo que aportar, unha función e unha forma de ser e de actuar. Reflexionamos sobre as persoas que temos máis cerca: quen son e como son."*
*Actividade extraída de "Exploradores emocionales", de María Mercè Conangla e Jaume Soler, en Editorial Parramón.
Hoxe imos repasar palabras que xa coñecemos. Son as que teñen que ver coa familia. Todos sabemos os nomes dos nosos avós e avoas, dos tíos e as tías e por suposto, os dos nosos pais e irmáns. Pero sabemos a relación entre eles? Sabemos que os nosos avós son os pais dos nosos pais? E que nós somos os seus netos?
Para empezar, imos ver unha historia dunha familia moi peculiar: a familia de Olivia.
Hai que ver que cousas lle pasan a Olivia! Quen acompaña a Olivia nesta aventura? Está a súa nai? E a súa avoa? Quen sae na foto de Nadal?
Saberías atopar 10 nomes de parentesco na sopa de letras?
Utilizamos as mans para manexar as ferramentas de debuxo: un lapis, un rotulador, un pincel, unha goma,... Pero tamén podemos usalas como "modelo" para deseñar figuras coma estas:
Xa sabemos o nome de moitas das partes do noso corpo. Pero aínda podemos saber máis. Como se chama esa parte do brazo que se une coa man? E a parte que une a cabeza co tronco? E a que une a parte de enriba coa parte de embaixo da perna? E a que une o pé coa perna?
Imos repasar e aprender:
As sentinelas son as persoas que están sempre vixiando para defender un lugar. Sabiades que no noso corpo tamén temos sentinelas? Son as que se encargan de vixiar para que non nos ataquen os nosos piores inimigos: os virus, as bacterias, velenos, toxinas... Vas ver ben explicado como nos defenden: