15 xaneiro 2023
DOUS POEMAS POLO MESMO PREZO
14 xaneiro 2023
PROBANDO PINCEIS E ACUARELAS
Imos practicando novas técnicas para as nosas creacións artísticas. Hoxe comezamos a usar as acuarelas e os pinceis. Creamos un feixe de globos a punto de botar a voar, usando os pigmentos das acuarelas e creando cores novas. Tamén aprendemos a coidar o material, usar ben os pinceis, limpalos e "peinalos" para deixalos secos e listos para voltar usalos cando os precisemos. Foi unha tarde de paciencia, colaboración e creación. Estamos preparadas e preparados para outra!
13 xaneiro 2023
Para pintar con pinceis... empezamos polo final.
Aínda que vos pareza raro, para saber pintar con pinceis hai que empezar polo final. Que faremos cando rematemos de usar os pinceis cada día? Hai que coidalos para telos sempre a punto, ben limpiños, sen restos de pintura, e cos peliños "ben peinados". Neste video explican moi ben como facelo.
04 xaneiro 2023
Lemos, comprendemos, aprendemos
03 xaneiro 2023
Os apuntes do Museo da Pesca
Unha das actividades máis agardadas deste trimestre foi a visita ao "Museo da Pesca" de Fisterra. Preparámola antes, disfrutámola durante e lembrámola despois, sobre todo grazas aos nosos apuntes. Aquí queda unha mostra do moito que conseguimos anotar do que vimos no Museo e durante a viaxe. Para ser a primeira vez non estivo nada mal!
02 xaneiro 2023
ELABORANDO MENÚS
Nestre trimestre dedicamos a área de Ciencias da Natureza ao estudo do noso corpo, o corpo humano. Sabemos que para vivir é imprescindible respirar, pero tamén alimentarse axeitadamente. Por iso investigamos sobre os tipos de alimentos que existen, e representámolos nunha roda. Debemos escoller aliementos variados para cada día, incluindo cantos máis sectores da roda. Ah! E non esquecer a auga!
Se a todo isto engadimos o exercicio físico, o deporte, conseguiremos disfrutar dunha saúde excelente!
Trucos para usar ben a auga
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Vamos avanzando poco a poco, y hoy probaremos a dar el salto definitivo a las centenas. Vamos a completar la tabla del cien al doscientos....
-
Xa sabemos que a respiración é unha función vital do corpo humano. Sen respirar non podemos vivir. Pero... por que? E como fai o noso corpo...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...