22 xaneiro 2023

"O xogo da Carrasquiña"

Este mes de xaneiro rematará cunha danza. "O xogo da Carrasquiña" é unha peza chea de bicos e apertas, de danza e de moitos agarimos. Dá gusto bailar todos xuntos, collidos da man ou do van, para celebrar que vivimos en paz, que nos respectamos, que nos queremos e que desexamos seguir así.


17 xaneiro 2023

"POEMA DUNHA VACALOURA PARA LER MOI RÁPIDO"

Ata agora tivemos a oportunidade de ler os poemas moi devagar. Pero este libro do "Animalario de ler a diario plantexa de cando en vez algún desafío! Velaiquí o desafío de ler moi rápido! Serás quen de non enredar a
lingua?

Musicar o mar

 Esta mañá traballamos nunha nova sesión de Biblioteca Creativa que tiña que ver coa tecnoloxía, a música e o mar. Se queres saber máis, contámolo todo no video.

16 xaneiro 2023

"LOS CINCO Y EL GRAN ENIGMA": Capítulo 7

 Esta semana iniciamos un nuevo capítulo. ¿Qué pasará con el monito que dejamos corriendo por la isla en la última lectura? Vamos a averiguarlo. 



15 xaneiro 2023

DOUS POEMAS POLO MESMO PREZO

Hoxe traemos dous poemas polo mesmo prezo: "Sempre hai un sapo pra a sapa" e "A toupa". E seguimos sumando animaliños neste "Animalario de ler a diario"!




14 xaneiro 2023

PROBANDO PINCEIS E ACUARELAS

 Imos practicando novas técnicas para as nosas creacións artísticas. Hoxe comezamos a usar as acuarelas e os pinceis. Creamos un feixe de globos a punto de botar a voar, usando os pigmentos das acuarelas e creando cores novas. Tamén aprendemos a coidar o material, usar ben os pinceis, limpalos e "peinalos" para deixalos secos e listos para voltar usalos cando os precisemos. Foi unha tarde de paciencia, colaboración e creación. Estamos preparadas e preparados para outra!



13 xaneiro 2023

Para pintar con pinceis... empezamos polo final.

 Aínda que vos pareza raro, para saber pintar con pinceis hai que empezar polo final. Que faremos cando rematemos de usar os pinceis cada día? Hai que coidalos para telos sempre a punto, ben limpiños, sen restos de pintura, e cos peliños "ben peinados". Neste video explican moi ben como facelo.


Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...