26 xaneiro 2023

AS EMOCIÓNS TRADUCIDAS A CORES

Todos pasamos por diferentes emocións ao longo dun so día. É imposible estar sempre contenta, e con frecuencia, chegamos a enfadarnos ou poñernos tristes. Ás veces pasamos medo, e tamén hai situacións nas que sentimos asco. Cada emoción nos axuda a medrar e aprender. O divertido é que as emocións poden identificarse coas cores. Neste cachiño da película "Do revés" podemos velo con claridade. Atreveríaste a explicar en que nos axudan as emocións? Para que nos pode servir ter medo, asco ou tristeza? É bo enfadarse? É preciso estar sempre contenta?

25 xaneiro 2023

PINTANDO CON ACUARELAS

Restas con levadas no sustraendo

Xa sabemos restar con levadas, e sabemos o que hai que "levar" e por que. De momento, aprendemos a restar sen levadas e con levadas, como contan en este video. Con este video repasamos tooodo o que sabíamos da resta ata hoxe.
 


Pero tamén aprendemos que hai unha segunda forma de facer as restas. Podemos chamarlle o "método do tobogán".

22 xaneiro 2023

"O xogo da Carrasquiña"

Este mes de xaneiro rematará cunha danza. "O xogo da Carrasquiña" é unha peza chea de bicos e apertas, de danza e de moitos agarimos. Dá gusto bailar todos xuntos, collidos da man ou do van, para celebrar que vivimos en paz, que nos respectamos, que nos queremos e que desexamos seguir así.


17 xaneiro 2023

"POEMA DUNHA VACALOURA PARA LER MOI RÁPIDO"

Ata agora tivemos a oportunidade de ler os poemas moi devagar. Pero este libro do "Animalario de ler a diario plantexa de cando en vez algún desafío! Velaiquí o desafío de ler moi rápido! Serás quen de non enredar a
lingua?

Musicar o mar

 Esta mañá traballamos nunha nova sesión de Biblioteca Creativa que tiña que ver coa tecnoloxía, a música e o mar. Se queres saber máis, contámolo todo no video.

16 xaneiro 2023

"LOS CINCO Y EL GRAN ENIGMA": Capítulo 7

 Esta semana iniciamos un nuevo capítulo. ¿Qué pasará con el monito que dejamos corriendo por la isla en la última lectura? Vamos a averiguarlo. 



Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...