No curso pasado xa nos achegamos a esta parte tan divertida das matemáticas. Trátase de aprender sobre a medida de todo o que hai no noso planeta: liñas (curvas ou rectas), polígonos, formas xeométricas, unidades de medida, instrumentos de medida... Por todas partes hai algo relacionado coa xeometría, cousa que pasa sempre coas matemáticas. Neste curso imos repasar e aplicar o aprendido.
09 febreiro 2023
07 febreiro 2023
ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "A lesma de Ponte Ledesma"
Ponte Ledesma é unha localidade que está no concello de Boqueixón, na provincia da Coruña. O seu nome procede
da súa famosa ponte medieval, que foi testemuña da batalla contra os franceses no ano 1809. A ponte xa levaba moitos anos construída, porque este paso sobre o río Ulla era moi importante para o transporte de mercancías ata Compostela. Hoxe forma parte do Camiño de Santiago.
da súa famosa ponte medieval, que foi testemuña da batalla contra os franceses no ano 1809. A ponte xa levaba moitos anos construída, porque este paso sobre o río Ulla era moi importante para o transporte de mercancías ata Compostela. Hoxe forma parte do Camiño de Santiago.
De aquí procede a protagonista do noso poema de hoxe:
06 febreiro 2023
MULTIPLICAMOS
O curso pasado xa comezamos a probar coas multiplicacións. Hoxe imos lembrar o aprendido e seguir avanzando. Para empezar, que é multiplicar? Ten algunha relación coa suma?
27 xaneiro 2023
Lembramos o que aprendemos das características dos animais
A semana pasada comezamos a elaborar o noso "lape-libro", no que representamos cales son as caracerísticas dos animais. A maioría do que fixemos tamén está explicado neste video:
26 xaneiro 2023
AS EMOCIÓNS TRADUCIDAS A CORES
Todos pasamos por diferentes emocións ao longo dun so día. É imposible estar sempre contenta, e con frecuencia, chegamos a enfadarnos ou poñernos tristes. Ás veces pasamos medo, e tamén hai situacións nas que sentimos asco. Cada emoción nos axuda a medrar e aprender. O divertido é que as emocións poden identificarse coas cores. Neste cachiño da película "Do revés" podemos velo con claridade. Atreveríaste a explicar en que nos axudan as emocións? Para que nos pode servir ter medo, asco ou tristeza? É bo enfadarse? É preciso estar sempre contenta?
25 xaneiro 2023
Restas con levadas no sustraendo
Xa sabemos restar con levadas, e sabemos o que hai que "levar" e por que. De momento, aprendemos a restar sen levadas e con levadas, como contan en este video. Con este video repasamos tooodo o que sabíamos da resta ata hoxe.
Pero tamén aprendemos que hai unha segunda forma de facer as restas. Podemos chamarlle o "método do tobogán".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...
-
Na maioría dos países europeos o prezo das cousas mídese con euros. Imos ver se sabemos usalos correctamente.