Hoxe estivemos aprendendo sobre os elementos dos polígonos: lado, vértice e ángulo. Xa sabemos distinguir un triángulo dun cadrado ou dun pentágono, pero queda aínda algunha cousa por descubrir. Aquí tedes un bo resumo:
14 febreiro 2023
AMICOS e a "Arte Reciclando"
Esta mañán volveron visitarnos os compañeiros da Asociación Amicos. Cando estiveron aquí no primeiro trimestre aprendemos a importancia de clasificar o lixo en distintos contentores, e a necesidade de reciclar. Unha das formas más divertidas de reciclar é imaxinar, crear e construír arte. Hoxe tivemos unha hora de intenso traballo cos compañeiros de 1º na nosa aula.
12 febreiro 2023
ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "O verme da cereixa"
Aquí tedes o novo e curto poema do verme da cereixa.
09 febreiro 2023
A fareira do Golfo Ártabro
Agora que estamos aprendendo sobre os faros, podemos "visitar" un de forma virtual. Aquí temos a testemuña dunha fareira que vixía dous faros importantes do Golfo Ártabro, o que está entre Ferrol e A Coruña.
REPASAMOS XEOMETRÍA
No curso pasado xa nos achegamos a esta parte tan divertida das matemáticas. Trátase de aprender sobre a medida de todo o que hai no noso planeta: liñas (curvas ou rectas), polígonos, formas xeométricas, unidades de medida, instrumentos de medida... Por todas partes hai algo relacionado coa xeometría, cousa que pasa sempre coas matemáticas. Neste curso imos repasar e aplicar o aprendido.
07 febreiro 2023
ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "A lesma de Ponte Ledesma"
da súa famosa ponte medieval, que foi testemuña da batalla contra os franceses no ano 1809. A ponte xa levaba moitos anos construída, porque este paso sobre o río Ulla era moi importante para o transporte de mercancías ata Compostela. Hoxe forma parte do Camiño de Santiago.
06 febreiro 2023
MULTIPLICAMOS
Bosques cheos de cor
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...
-
Hai dúas semanas comezamos con Aurelia o noso traballo con e-téxtiles. Trátase dun dos proxectos integrados no plan de Biblioteca Creativa...
-
Na maioría dos países europeos o prezo das cousas mídese con euros. Imos ver se sabemos usalos correctamente.