31 maio 2022

ORTOGRAFÍA: CA-CO-CU // QUE-QUI

Hoy, en la sesión de Lengua Castellana estuvimos dándole un repaso a las palabras que llevan el sonido /k/:
Algunhas se escriben con "C" : casa, cocodrilo, cubo. 
Otras con "QU" : queso, quinto.

30 maio 2022

AS MÁQUINAS

 Basta con botar unha mirada e vemos sobre a nosa mesa máquinas que usamos para traballar: un afialápis, un bolígrafo, unha tablet, unha grampadora, .... E na casa? A lavadora, a lavalouza, a cociña, a aspiradora .... Que tipos de máquinas hai? Como funcionan unhas e outras? Todas precisan enerxía? Que pezas teñen? Para que as usamos? Unha morea de preguntas. Sabes contestalas?



AFORRAR ENERXÍA

 Precisamos enerxía para vivir. Para que o noso corpo funcione, obtemos a enerxía dos alimentos (ao facer a dixestión) e do aire (cando respiramos). Pero... como obteñen enerxía as máquinas que están arredor de nós: a cociña, a lavadora, o ordenador....? Podemos facer algo para aforrar enerxía? Neste video das aventuras de Minchi podemos aprender como facelo.



26 maio 2022

XÉNERO E NÚMERO

Repasamos conceptos novos e imos aprendendo novo vocabulario. Hoxe volvemos traballar sobre o xénero e o número dos substantivos.

25 maio 2022

RESTAS LEVANDO

 Xa estamos nos últimos días deste curso. Seguimos aprendendo cousas novas, pero non deixamos de repasar todo o que sabemos. Imos hoxe revisar a resta. O que máis nos custa é restar levando. Aquí tedes unha explicación sinxela: Se queredes unha explicación máis "científica" podedes consultar este video. Podemos practicar coas regletas, que tiñamos "aparcadas".

A Lúa e os seus misterios

Todos sabemos que a Lúa é un satélite que da voltas arredor da Terra. A este movemento chámaselle "traslación". Si, si, como cando a Terra dá voltas arredor do Sol. Pero a Lúa agocha algúns segredos. Queres saber algo máis sobre ela?

O Sol, a Terra e a Lúa

 Quedamos con esta manualidade sinxela para demostrar que coñecemos o movemento de traslación da Terra arredor do Sol.  Tamén a Lúa se traslada, pero arredor do Sol. 


Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...