15 xuño 2023

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos realistas. Así poderemos tamén crear un bosque máis "máxico".


E para completar o noso bosque máxico, practicaremos primeiro nunha cartolina pequena con estas flores e logo, cando xa teñamos máis seguridade, integrarémolas no medio das árbores. 


14 xuño 2023

Cartas desde a escola da Silveira

Hai uns días recibimos unhas cartas moi especiais. Os nenos e as nenas da escola da Silveira, no concello de Boqueixón, escribíronnos para contarnos o que eles aprenderan sobre o afundimento do Prestige. Foron moi amables, e mesmo se ofreceron por se tiñamos a desgraza de que se repetira a catástrofe. 
Xunto coas cartas, enviáronnos un crebacabezas. A verdade é que non tiñamos todas as pezas, pero conseguimos ver unha parte dos seus debuxos, que por un lado estaban cheos de cor azul ou amarela (o mar e a area), e por outro, todo negro (o chapapote). 


Nós contestamos ás súas cartas tamén, e enviámosllas á escola polo correo ordinario. Nesta foto amosamos as súas cartas e os seus deseños. 

Desta forma, puidemos coñecer as súas experiencias, e contarlles tamén como nos sentíamos. 
Tamén aproveitamos para repasar como se escribe unha carta, porque hai que poñer moitos datos: a data, un saúdo, a nosa mensaxe, unha despedida...
Sabemos que na clase de 5º tamén recibiron cartas de esta escola, e tamén responderon ás súas mensaxes. Aquí vos deixamos unha foto da clase completa. 



Esperamos recibir pronto máis noticias dos nosos compañeiros. Encántanos manter correspondencia!






03 xuño 2023

Visitamos o faro romano máis antigo do mundo en funcionamento: a Torre de Hércules

O pasado venres, 2 de maio, foi un día moi esperado! Levabamos tempo agardando estar ao pé da Torre e por fin conseguímolo! Aquí tés un resumo da visita, que completamos no Museo Arqueolóxico e despedimos desde a costa oposta á península da Torre : os faros de Mera, na Costa de Dexo, concello de Oleiros. 


28 abril 2023

O EURO

Na maioría dos países europeos o prezo das cousas mídese con euros. Imos ver se sabemos usalos correctamente.

25 abril 2023

Animalario de ler a diario: "O corvo agoirador"

 Hoxe chegamos a un poema completamente diferente dos demais. Por que será? Que personaxe, que non é persoa, nin planta, nin animal, é protagonista deste texto?



Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...