14 xuño 2023

Cartas desde a escola da Silveira

Hai uns días recibimos unhas cartas moi especiais. Os nenos e as nenas da escola da Silveira, no concello de Boqueixón, escribíronnos para contarnos o que eles aprenderan sobre o afundimento do Prestige. Foron moi amables, e mesmo se ofreceron por se tiñamos a desgraza de que se repetira a catástrofe. 
Xunto coas cartas, enviáronnos un crebacabezas. A verdade é que non tiñamos todas as pezas, pero conseguimos ver unha parte dos seus debuxos, que por un lado estaban cheos de cor azul ou amarela (o mar e a area), e por outro, todo negro (o chapapote). 


Nós contestamos ás súas cartas tamén, e enviámosllas á escola polo correo ordinario. Nesta foto amosamos as súas cartas e os seus deseños. 

Desta forma, puidemos coñecer as súas experiencias, e contarlles tamén como nos sentíamos. 
Tamén aproveitamos para repasar como se escribe unha carta, porque hai que poñer moitos datos: a data, un saúdo, a nosa mensaxe, unha despedida...
Sabemos que na clase de 5º tamén recibiron cartas de esta escola, e tamén responderon ás súas mensaxes. Aquí vos deixamos unha foto da clase completa. 



Esperamos recibir pronto máis noticias dos nosos compañeiros. Encántanos manter correspondencia!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...