Mañá, mércores 4 de maio, faremos unha visita á praia dos Muíños en compañía da Asociación Amicos.
Vannos ensinar como coidar o noso medio, e volveremos falar de todo o que levamos aprendido sobre o medio natural, os ecosistemas e o seu coidado. Isto inclúe saber moito de animais, de plantas e dos seres inertes que compoñen o medio: a auga, o aire, a area...
Podemos lembrar algún exemplo como o que nos conta Minchi neste video:
Se queres máis información sobre o lixo, podes probar a ver estoutro video da propia Minchi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.