Pouco a pouco imos completando a rutina da clase. Hoxe tivemos como sorpresa a reestrea da aula de música!
Tamén comezamos unha nova aventura desde a clase de valores. Estivemos falando dos "Exploradores emocionais". Os exploradores e as exploradoras son persoas ás que lles gusta coñecer e aprender... como a nós! Xa que este curso imos aprender a "Amar o mar", estivemos escoitando unha canción que nos gustou moito. Se queres ver a letra, preme aquí:
E, para rematar, preparamos xa o caderno de Lingua Española e xogamos a averiguar as palabras agochadas no encerado... Parecíanse moito ás das adiviñas que aprendemos na clase de Lingua Española...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.