O curso pasado aprendimos que o abecedario galego ten 23 letras, fronte ao castelán que ten 27. Lembras a canción que tanto nos gustaba?
Con esas vintetrés letras podemos formar unha morea de palabras diferentes, e cada día aprendemos varias novas!
Tamén aprendemos que non é o mesmo unha letra que unha palabra. Coa "r" e co "a" formamos a palabra "ra". Coas letras "v", "a", "c", "a", formamos a palabra "vaca".
As palabras podemos ordenalas mirando a letra pola que empezan, como o alfabeto. A isto se lle chama ordenar alfabéticamente, é dicir, seguindo a mesma orde que leva o abecedario. Quen vai antes, a vaca ou a ra?
Pero non é o mesmo unha letra que unha palabra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.