05 outubro 2022

O ABECEDARIO: as letras e as palabras

 No curso pasado aprendemos ben o abecedario, e vimos que o galego ten menos letras que o castelán: 23 letras fronte ás 27 que ten o castelán. Lembrades esta canción que tanto nos gustaba?



Neste curso xa coñecemos este tema moito mellor, e sabemos que as letras do alfabeto xúntanse para formar palabras. Por exemplo, o "r" e o "a" xuntos forman a palabra "ra". As letras "v", "a", "c", "a", xuntas forman a palabra "vaca". Non é o mesmo unha palabra que unha letra. 
As palabras tamén poden ordenarse por orde alfabética. Que vai antes, unha vaca ou unha ra?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...