11 outubro 2022

OS COIDADOS DAS NOSAS CASAS

Hoxe, na sesión de Valores Sociais, traballamos todos xuntos. Tratábase de "tomar conciencia de que toda casa require traballos de mantemento e coidado se queremos vivir ben nela. Aprendemos a comparar as necesidades da nosa casa exterior coas da nosa casa interior, e decidir que podemos facer para mellorar as súas condicións".* Coidamos e coidámonos.

Detectamos problemas na Terra, como os lumes e o lixo. Hai que coidar do monte, e non ensuciar o medio ambiente. Pensamos que nas nosas casas debemos aforrar na luz e na auga. E sabemos que debemos mirar pola nosa saúde: temos que coidar o noso corpo alimentándonos ben, facendo exercicio, vendo menos tele e lendo máis, e evitando malos hábitos, como o de fumar. 

* Actividade extraída de "Exploradores emocionales", de María Mercè Conangla e Jaume Soler, en Editorial Parramón. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...