Xa chegamos á metade de outubro. Hoxe Susana chegou cuns agasallos especiais para agradecernos que nos portáramos tan ben e traballáramos tanto. Son uns cadernos pequeniños que caben nunha man, e que chamaremos "cadernos de campo". Van servir para anotar todo o que precisemos cando salgamos explorar. Para que nos sexan máis cómodos, atámoslles un cordeliño laranxa, e así podemos levalos pendurados do pescozo.
O venres aproveitamos para repasar as matemáticas e entrar no mundo das centenas. Pronto saberemos contar ata mil. Tiñamos moitas ganas de seguir lendo "Los Cinco", así que comezamos co "Capítulo Dos". E xa lle buscamos títulos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.