17 novembro 2022

Aprendendo a coidar o mar coa asociación "Amicos"

 A finais do curso pasado a asociación "Amicos" visitou o noso cole e con eles traballamos na praia recollendo e clasificando o lixo do mar. O mércores 16 deste mes de novembro estiveron con nós de novo. Falamos da cantidade de lixo que aboia na superficie do mar (ás veces formando enormes illas de plástico), e sabemos que no fondo hai moita maior cantidade. Isto provoca a morte de moitos animaliños que se atragoan co lixo, porque pensan que é comida, ou quedan atrapados e non poden nadar. 



Para axudar a solucionar este problema so temos que impedir que o lixo chegue ao mar, e por iso é imprescindible que saibamos en que colector vai cada tipo de refugallo: papel e cartón, vidro (que non cristal), residuos orgánicos, xoguetes, pilas, ... Todo isto aprendemos mentres xogábamos nun enorme taboleiro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Se queres aportar un comentario construtivo, este é o teu lugar.

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...