14 setembro 2022

Traballo duro e... volta ao ximnasio!

Hoxe foi outro día máis con novidades! Tivemos, por fin, sesión de Educación Física! Este curso temos unha nova profe: Vanessa. Estivemos xogando no ximnasio probando os elementos que máis nos apetecían. Pasóusenos a hora voando, aínda que estabamos recén chegados do recreo!
 
Iso foi porque na sesión anterior estivemos repasando os números do 1 ao 100, e practicando a lectura en voz alta na sesión de Lingua Galega. Por se iso fora pouco, tamén traballamos respondendo preguntas sobre a lectura "Cow parade". O mellor é que cada un de nós puido colorear a súa vaca da forma que quixese. Entre todos, poderiamos facer outro "desfile de vacas"! Aquí tedes a proba...



COW PARADE

 Todos sabemos o que é unha vaca. Pero algunha vez viches unha así?


Esta vaca pertence a unha exposición que percorreu case todas as cidades do mundo. A exposición chámase "Cow Parade" ("Desfile de vacas"), e resulta moi divertida e entrañable.
Aquí tés unha mostra da exposición que fixeron nas rúas de Nova Iorque:
 


13 setembro 2022

Novos comezos

 


Pouco a pouco imos completando a rutina da clase. Hoxe tivemos como sorpresa a reestrea da aula de música!
Tamén comezamos unha nova aventura desde a clase de valores. Estivemos falando dos "Exploradores emocionais". Os exploradores e as exploradoras son persoas ás que lles gusta coñecer e aprender... como a nós! Xa que este curso imos aprender a "Amar o mar", estivemos escoitando unha canción que nos gustou moito. Se queres ver a letra, preme aquí:


 
 E, para rematar, preparamos xa o caderno de Lingua Española e xogamos a averiguar as palabras agochadas no encerado... Parecíanse moito ás das adiviñas que aprendemos na clase de Lingua Española...

09 setembro 2022

Somos equipo!

 Hoxe fixemos unha tarefa complicada: elaboramos entre todos un portalapis. Para iso tiñamos que montar cada un a súa parte e logo unilas para formar un soporte para compartir sobre a mesa. Primeiro ensaiamos con papel e logo fixémolo con cartolinas. Non foi nada sinxelo, pero por fin o conseguimos!

Cada portalapis individual pode sosterse, pero é fácil que acabe por caer. Sen embargo, cando unimos varios portalapis, non se cae nada! O mesmo pasa cando traballamos en equipo, colaborando: axudándonos entre todos traballamos mellor.

08 setembro 2022

Zarpamos!

Hoxe, día 8 de setembro de 2022 iniciamos un novo curso. Novo e con novidades! Xa non levamos máscara, podemos xuntarnos no patio, ir ao "monte", correr xuntos pola herba! Podemos compatir, abrazarnos e mesturarnos cos outros grupos! É o comezo dunha nova viaxe, e este curso vai ser moi especial porque imos falar do mar. O título do Proxecto Documental Integrado é "Amar o mar". Gústavos? Pois preparádevos porque... Zarpamos!!! De momento, deixamos aquí as imaxes máis importantes de hoxe. Colocamos as mesas para poder traballar, ordenamos a biblioteca, fixemos a primeira asemblea do curso, creamos os recunchos, falamos das vacacións, representámolas nos debuxos, saimos ao patio e regresamos ao comedor (xa temos novos sitios).

19 xuño 2022

Visitamos o Museo Fernando Blanco en Cee

O venres, día 17 de xuño, trasladámonos a Cee para visitar o Museo Fernando Blanco, que está na Praza da Constitución. Percorremos os 15 quilómetros que levan desde os Muíños ata a vila da Xunqueira, e chegamos ao edificio da Fundación, onde está o Museo.

17 xuño 2022

HOXE "PINTAMOS" NO MUSEO FERNANDO BLANCO DE CEE

 Hoxe vai ser un día especial, porque visitaremos o museo da Fundación Fernando Blanco, en Cee. Iremos no autobús e aproveitaremos para pasear pola vila. Para os que non coñezan este museo, aquí vai un avance:


Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...