15 setembro 2022

O QUE FACEMOS COAS CIENCIAS DA NATUREZA

Coas ciencias da natureza dedicámonos a aprender todo o que ten que ver coa vida (a dos animais, a das plantas,...) e coa materia inerte que a fai posible, con todo o que rodea á vida. Nestas primeiras semanas imos ver como temos que coidar da nosa propia vida: como debemos alimentarnos, como debemos manter a hixiene do noso corpo, por que é tan importante facer exercicio físico... Podemos facer unha pequena viaxe "científica" arredor do noso corpo con este coñecido video, que fala das células, a unidade mínima de vida:

RE-COÑECENDO O NOSO CORPO

 Hoxe imos adicarnos a revisar o que xa sabemos do noso corpo. Recoñecer os nomes, a súa ubicación, a súa función. Por se temos dúbidas, aquí podemos repasar as partes máis importantes.

Máis tarde, iremos profundizando.


14 setembro 2022

Traballo duro e... volta ao ximnasio!

Hoxe foi outro día máis con novidades! Tivemos, por fin, sesión de Educación Física! Este curso temos unha nova profe: Vanessa. Estivemos xogando no ximnasio probando os elementos que máis nos apetecían. Pasóusenos a hora voando, aínda que estabamos recén chegados do recreo!
 
Iso foi porque na sesión anterior estivemos repasando os números do 1 ao 100, e practicando a lectura en voz alta na sesión de Lingua Galega. Por se iso fora pouco, tamén traballamos respondendo preguntas sobre a lectura "Cow parade". O mellor é que cada un de nós puido colorear a súa vaca da forma que quixese. Entre todos, poderiamos facer outro "desfile de vacas"! Aquí tedes a proba...



COW PARADE

 Todos sabemos o que é unha vaca. Pero algunha vez viches unha así?


Esta vaca pertence a unha exposición que percorreu case todas as cidades do mundo. A exposición chámase "Cow Parade" ("Desfile de vacas"), e resulta moi divertida e entrañable.
Aquí tés unha mostra da exposición que fixeron nas rúas de Nova Iorque:
 


13 setembro 2022

Novos comezos

 


Pouco a pouco imos completando a rutina da clase. Hoxe tivemos como sorpresa a reestrea da aula de música!
Tamén comezamos unha nova aventura desde a clase de valores. Estivemos falando dos "Exploradores emocionais". Os exploradores e as exploradoras son persoas ás que lles gusta coñecer e aprender... como a nós! Xa que este curso imos aprender a "Amar o mar", estivemos escoitando unha canción que nos gustou moito. Se queres ver a letra, preme aquí:


 
 E, para rematar, preparamos xa o caderno de Lingua Española e xogamos a averiguar as palabras agochadas no encerado... Parecíanse moito ás das adiviñas que aprendemos na clase de Lingua Española...

09 setembro 2022

Somos equipo!

 Hoxe fixemos unha tarefa complicada: elaboramos entre todos un portalapis. Para iso tiñamos que montar cada un a súa parte e logo unilas para formar un soporte para compartir sobre a mesa. Primeiro ensaiamos con papel e logo fixémolo con cartolinas. Non foi nada sinxelo, pero por fin o conseguimos!

Cada portalapis individual pode sosterse, pero é fácil que acabe por caer. Sen embargo, cando unimos varios portalapis, non se cae nada! O mesmo pasa cando traballamos en equipo, colaborando: axudándonos entre todos traballamos mellor.

08 setembro 2022

Zarpamos!

Hoxe, día 8 de setembro de 2022 iniciamos un novo curso. Novo e con novidades! Xa non levamos máscara, podemos xuntarnos no patio, ir ao "monte", correr xuntos pola herba! Podemos compatir, abrazarnos e mesturarnos cos outros grupos! É o comezo dunha nova viaxe, e este curso vai ser moi especial porque imos falar do mar. O título do Proxecto Documental Integrado é "Amar o mar". Gústavos? Pois preparádevos porque... Zarpamos!!! De momento, deixamos aquí as imaxes máis importantes de hoxe. Colocamos as mesas para poder traballar, ordenamos a biblioteca, fixemos a primeira asemblea do curso, creamos os recunchos, falamos das vacacións, representámolas nos debuxos, saimos ao patio e regresamos ao comedor (xa temos novos sitios).

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...