15 xuño 2023

Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos realistas. Así poderemos tamén crear un bosque máis "máxico".


E para completar o noso bosque máxico, practicaremos primeiro nunha cartolina pequena con estas flores e logo, cando xa teñamos máis seguridade, integrarémolas no medio das árbores. 


14 xuño 2023

Cartas desde a escola da Silveira

Hai uns días recibimos unhas cartas moi especiais. Os nenos e as nenas da escola da Silveira, no concello de Boqueixón, escribíronnos para contarnos o que eles aprenderan sobre o afundimento do Prestige. Foron moi amables, e mesmo se ofreceron por se tiñamos a desgraza de que se repetira a catástrofe. 
Xunto coas cartas, enviáronnos un crebacabezas. A verdade é que non tiñamos todas as pezas, pero conseguimos ver unha parte dos seus debuxos, que por un lado estaban cheos de cor azul ou amarela (o mar e a area), e por outro, todo negro (o chapapote). 


Nós contestamos ás súas cartas tamén, e enviámosllas á escola polo correo ordinario. Nesta foto amosamos as súas cartas e os seus deseños. 

Desta forma, puidemos coñecer as súas experiencias, e contarlles tamén como nos sentíamos. 
Tamén aproveitamos para repasar como se escribe unha carta, porque hai que poñer moitos datos: a data, un saúdo, a nosa mensaxe, unha despedida...
Sabemos que na clase de 5º tamén recibiron cartas de esta escola, e tamén responderon ás súas mensaxes. Aquí vos deixamos unha foto da clase completa. 



Esperamos recibir pronto máis noticias dos nosos compañeiros. Encántanos manter correspondencia!






03 xuño 2023

Visitamos o faro romano máis antigo do mundo en funcionamento: a Torre de Hércules

O pasado venres, 2 de maio, foi un día moi esperado! Levabamos tempo agardando estar ao pé da Torre e por fin conseguímolo! Aquí tés un resumo da visita, que completamos no Museo Arqueolóxico e despedimos desde a costa oposta á península da Torre : os faros de Mera, na Costa de Dexo, concello de Oleiros. 


28 abril 2023

O EURO

Na maioría dos países europeos o prezo das cousas mídese con euros. Imos ver se sabemos usalos correctamente.

25 abril 2023

Animalario de ler a diario: "O corvo agoirador"

 Hoxe chegamos a un poema completamente diferente dos demais. Por que será? Que personaxe, que non é persoa, nin planta, nin animal, é protagonista deste texto?



23 abril 2023

Xoaniña de papel

 Deixamos aquí un video sobre como elaborar xoaniñas de papel moi sinxelas.

"O papasol"

Seguimos lendo a diario do noso "animalario". Hoxe toca un poema dedicado á xoaniña. Que sabemos das xoaniñas? Cantos nomes diferentes teñen?


19 abril 2023

A historia de "Moby Dick"

 Herman Melville é o autor dun dos libros máis famosos que se escribiron sobre o mar e as súas criaturas. Ti coñeces a historia de "Moby Dick"? Aquí tés un pequeno resumo do seu argumento.


Un marcapáxinas sinxelo

 Este sábado celebramos o "Día do Libro". Na escola adiantámolo un día, pero en realidade, calquera día que lemos é "día do libro". Así que imos aproveitar para coidar os nosos libros creando un sinxelo marcapáxinas ao noso gusto. Se te fixas ben neste video poderás deseñar o teu en poucos pasos. 


17 abril 2023

RETOMAMOS OS APADRIÑAMENTOS

Despois da pausa das vacacións, este venres reencontrámonos cos nosos padriños e madriñas. De novo compartimos lecturas, experiencias e aprendizaxes. É un gusto recibir a súa visita en vísperas de fin de semana, escoitalos e falar con eles das nosas preferencias. Queres velo?


Preparamos unha deliciosa ensalada no comedor.

 O pasado venres, día 17 de abril, fomos convocados pola cociñeira, Carolina, para ser axudantes na cociña. Despois de lavar ben as mans, preparamos unha deliciosa ensalada para o primeiro prato. Adiviñas os ingredientes? No blog do comedor está publicado este video que reproducimos aquí e que elaborou Aurelia. 


16 abril 2023

ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "O panoco do xeado"

Seguimos avanzando polo mundo dos "Animais que van no mar porque non saben voar" e atopamos unha especie moi molesta: "O panoco do xeado".


13 abril 2023

ROTULADORES E LETTERING

 O "lettering" é, básicamente, debuxar letras, en lugar de escribilas. Trátase de que cada letra que escribimos sexa única e irrepetible, e que poidamos utilizar as letras para xogar coas cores e as formas. O lettering é moi útil para facer cartaces, adornar postais ou "invitacións", decorar, facer máis bonitos os teus cadernos,... Para traballar o lettering hai que ter paciencia e practicar moito. Como nos gusta moito utilizar os rotuladores, o lettering vai ser moi divertido. Pero hai que ir paso a paso para facelo ben, ben... Aquí deixo unha pequena introdución, para que nos vaiamos "soltando" e poidamos vela cada vez que o precisemos... Comezamos?




Aínda que algúns xa o tiñan experimentado, este foi o primeiro día que traballamos a fondo o "lettering". Empezamos coas letras "sans seriff", é dicir, letras sen remates (sen "patiñas" nen "sombreiros"). Para ser a primeira vez, aproveitamos ben o tempo. Axudámonos dos consellos do libro "El gran libro de lettering para niños". 


11 abril 2023

"A pulga da area" e "A ostra"

 Seguimos lendo o noso "Animalario" e xa que vemos achegarse o bó tempo, imos meternos de cheo na praia.

 Temos en primeiro lugar á pulga da area. Que sabemos dela?

Tamén aparece por aquí a ostra. Que terá que contar?



10 abril 2023

LOS CINCO Y EL GRAN ENIGMA: Capítulo 9

 Con este capítulo acabamos el libro de las aventuras de "Los Cinco" en la isla de Kirrin. Por fin toda la tensión se ha acabado y han resuelto el enigma de la luz en la isla. ¿Lo leemos juntos, una vez más?



08 abril 2023

OS QUEBRACABEZAS

Eu rematei a miña tarefa, e a miña compañeira tamén. "Que fago, profe?". Seguramente, poderemos ir a un recuncho como o dos quebracabezas, un dos nosos favoritos. Así "osixenamos" o cerebro, cambiamos de tarefa, pero non paramos de pensar. Aquí queda unha mostra. 


05 marzo 2023

ANIMALARIO DE LER A DIARIO: "O caranguexo tatexo"

 Aquí temos un novo poema sobre animais que van no mar porque non saben voar. Sabemos en que grupo está o caranguexo? Non é un peixe, non, aínda que viva no mar... En que equipo xogará este animaliño?



01 marzo 2023

La carta

Hoy hemos estado leyendo cartas que llegaron a nuestra escuela hace mucho tiempo. También hemos practicado con una carta, medio en broma, a nuestro "tío Pepe", que tenía alergia a la letra "A". Tenemos muchas ganas de escribir cartas a muchas personas, pero debemos practicar un poco para que nos salgan lo mejor posible. Os dejo aquí un video muy interesante que nos explica con mucha claridad cómo se escribe una carta. El vídeo no se hizo en España, sino en un país de América del Sur. ¿Sabéis cuál es? ¿En qué lugar exactamente está este país? ¿Cuál es su capital? ¿Con qué países hace frontera?  

Ya me diréis si os han resultado útiles los consejos.

28 febreiro 2023

El metro y el centímetro

 Hoy vamos a comenzar a repasar algo que nos tuvo muy entretenidos el curso pasado: las medidas. Empezaremos por las medidas de longitud.


Bosques cheos de cor

 Para seguir practicando cos rotuladores, imos dar un pasiño máis. Hoxe deseñaremos outro tipo de árbores, máis decorativos, aínda que menos...